UA-65972690-1
La versión de su navegador no está debidamente actualizada. Le recomendamos actualizarla a la versión más reciente.

 

 

Que é a Rede?

Composta en Red é unha coordinadora de Entidades Locais de todo o Estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstico e comunitario. A Rede fórmase para dar impulso, fomentar e promocionar políticas públicas para a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o importante papel que estas poden desempeñar na redución dos residuos orgánicos.

No últimos anos agromaron por todo o Estado este tipo de experiencias locais que reducen na súa orixe os residuos orgánicos e que xeran un compost de calidade para que os cidadáns e cidadás o aproveiten directamente.

Nace da necesidade de dotar dunha maior conexión e coordinación entre os distintos proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria para así conseguir unha consolidación deste sistema de xestión dos residuos urbanos.

Obxectivos

 La xarxa es constitueix per a:

 - Dar impulso, fomentar e promocionar políticas públicas para a compostaxe doméstica e comunitaria dado o importante papel que estas poden desenvolver na redución dos residuos orgánicos.

 - Potenciar a acción conxunta entre todos os integrantes e a intercomunicación entre os distintos proxectos.

 - Apoiar novas experiencias.

 - Formular criterios de avaliación e unificar indicadores.

 - Establecer contactos con outras redes similares.

 - Buscar liñas de financiación para a elaboración de propostas, de estudos de investigación, etc.